COMEZA A ANDAINA!

E nunca mellor dito, xa que aquí iremos contando durante o próximo mes a recta final da procura da sinatura dun Pacto Galego contra a Pobreza, seguindo a estela do Pacto de Estado contra a Pobreza, aventura que comezou fai xa un ano coa presentación ante os partidos políticos con representación parlamentaria en Galicia dun texto borrador suxeito a posibles rectificacións e negociacións.

Para reflexar este proceso, esta andaina, que mellor que facer o Camiño de Santiago para chegar a tempo (esperamos, nisto dos camiños un sabe cando comezan pero non cando rematan…) á firma do Pacto, prevista para o 16 de outubro.

As actividades do Camiño polo Pacto se iniciará o luns 11 de outubro, e se fará coincidindo coa Semana Contra a Pobreza. A idea é simplemente que te unas se é que o teu camiño coincide co da fin da pobreza, e participes nas actividades que se irán realizando en cada etapa.

Seguiremos informando…

100 Km x 1 Pacto=Pobreza 0

Camiña cara o Pacto Galego contra a Pobreza

PODEMOS SEGUIR FALANDO DE POBREZA, OU ERRADICALA.


Publicado en Xeral | Comentarios desactivados en COMEZA A ANDAINA!