Author Archives: caminhopolopacto
Colaboración dos Reporteiros Galegos Solidarios
http://caminocontralapobreza.blogspot.com/ Dende o de agora, coa colaboración de AGARESO estaremos informando dende esta nova dirección das actividades que teñen lugar dende o Camiño Galego polo Pacto contra a Pobreza.
Sarria será o noso punto de encontro!!!
E xa están os días aquí!!!! O vindeiro luns comezamos a camiñar. A partires das 11.00 hs da mañán, as camiñantas comezaremos a nosa andaina no Concello de Sarria. Alí, xuntaránsenos as rapazas e rapaces do IES Xogar Afonso Gómez … Seguir lendo
E non somos nós sos
A xente de Iniciativa 0,77% tamén estarán de andaina estes días. Céntranse moito no ámbito local, nos concellos. Sábado, domingo e luns serán as marchas, a do luns entre O Pino e Santiago (e xusto o luns empezará o Camiño … Seguir lendo
Presentada a campaña «Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza»
Aquí podedes ver máis información de como foi a presentación, onte mércores 6 de outubro.
Xa podes consultar as actividades durante o camiño no novo apartado deste blog!!
No apartado de “Actividades no camiño” xa podes consultar as actividades que as persoas da campaña levarán a cabo por todo o percorrido do Camiño polo Pacto. Anímate , ven participar con nós!!!! Esperámoste en Sarria, Portomarín, Palas de Rei, … Seguir lendo
Rolda de prensa “Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza”
O mércores 6 de outubro terá lugar a rolda de prensa de presentación das actividades enmarcadas na campaña do Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza. O acto, dirixido aos medios de comunicación, terá lugar as 11:30 horas no auditorio … Seguir lendo