Sarria será o noso punto de encontro!!!

E xa están os días aquí!!!! O vindeiro luns comezamos a camiñar. A partires das 11.00 hs da mañán, as camiñantas comezaremos a nosa andaina no Concello de Sarria. Alí, xuntaránsenos as rapazas e rapaces do IES Xogar Afonso Gómez de Sarria e o CPR Ntra. Sra. De la Asunción. O Alcalde do Concello de Sarria, Claudio Garrido Martínez, lerá o manifesto da campaña e posteriormente terán lugas as actividades na Praza do Concello, ou ben na Casa da Cultura se o tempo non nos acompaña.

Anímate a camiñar con nós!!! Por unha Galiza máis solidaria!!!

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.