Rolda de prensa “Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza”

O mércores 6 de outubro terá lugar a rolda de prensa de presentación das actividades enmarcadas na campaña do Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza. O acto, dirixido aos medios de comunicación, terá lugar as 11:30 horas no auditorio da Fundación Caixa Galicia, (Rúa do Vilar, 19 – Santiago de Compostela).

Facemosvos un chamamento para que esteades presentes nesta xornada de presentación. Entre todos e todas amosaremos a importancia da sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza e da campaña de incidencia e difusión que se levará a cabo a semana do 11 ao 16 de outubro no marco do Camiño de Santiago! !

Camiña por un pacto, 100km x 1 pacto = Pobreza 0 !!!

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Ligazón permanente.

2 Responses to Rolda de prensa “Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza”

  1. enrique rodriguez portabales di:

    Hola me gustaria incorporarme a la marcha desde Sarria, vivo en Ourense, ¿ a que hora se inicia el camino ? ¿ donde se queda ?. Abrazos y enhorabuena por esta gran propuesta.

  2. Camiño Polo Pacto di:

    O camiño en Sarria iníciase o luns 11 coa actividade na praza maior de lectura do manifesto ás 11:00. A partida será sobre as 13:00 h (se camiñará pola tarde en tódalas etapas). En breve haberá no blog información detallada das actividades de cada etapa. Grazas polo teu interese. Atopámonos no Camiño!

Os comentarios están pechados.