http://caminocontralapobreza.blogspot.com/
Dende o de agora, coa colaboración de AGARESO estaremos informando dende esta nova dirección das actividades que teñen lugar dende o Camiño Galego polo Pacto contra a Pobreza.
http://caminocontralapobreza.blogspot.com/
Dende o de agora, coa colaboración de AGARESO estaremos informando dende esta nova dirección das actividades que teñen lugar dende o Camiño Galego polo Pacto contra a Pobreza.
E xa están os días aquí!!!! O vindeiro luns comezamos a camiñar. A partires das 11.00 hs da mañán, as camiñantas comezaremos a nosa andaina no Concello de Sarria. Alí, xuntaránsenos as rapazas e rapaces do IES Xogar Afonso Gómez de Sarria e o CPR Ntra. Sra. De la Asunción. O Alcalde do Concello de Sarria, Claudio Garrido Martínez, lerá o manifesto da campaña e posteriormente terán lugas as actividades na Praza do Concello, ou ben na Casa da Cultura se o tempo non nos acompaña.
Anímate a camiñar con nós!!! Por unha Galiza máis solidaria!!!
A xente de Iniciativa 0,77% tamén estarán de andaina estes días. Céntranse moito no ámbito local, nos concellos. Sábado, domingo e luns serán as marchas, a do luns entre O Pino e Santiago (e xusto o luns empezará o Camiño Polo Pacto, facendo tamén fincapé na loita contra a pobreza e a fame).
Vémonos no camiño, sexa o que sexa!
Aquí podedes ver máis información de como foi a presentación, onte mércores 6 de outubro.
No apartado de “Actividades no camiño” xa podes consultar as actividades que as persoas da campaña levarán a cabo por todo o percorrido do Camiño polo Pacto.
Anímate , ven participar con nós!!!! Esperámoste en Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa, O Pino (Pedrouzo) e Santiago. Ven camiñar con nós por un mundo máis xusto!!!!!!!!!!!!!!!! Por unha Galicia máis solidaria!!!!!!!!!!
O mércores 6 de outubro terá lugar a rolda de prensa de presentación das actividades enmarcadas na campaña do Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza. O acto, dirixido aos medios de comunicación, terá lugar as 11:30 horas no auditorio da Fundación Caixa Galicia, (Rúa do Vilar, 19 – Santiago de Compostela).
Facemosvos un chamamento para que esteades presentes nesta xornada de presentación. Entre todos e todas amosaremos a importancia da sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza e da campaña de incidencia e difusión que se levará a cabo a semana do 11 ao 16 de outubro no marco do Camiño de Santiago! !
Camiña por un pacto, 100km x 1 pacto = Pobreza 0 !!!